Alfaias é o terceiro álbum (segundo LP) do dúo de indietrónica galego Fanny + Alexander. Foi publicado baixo licenza Creative Commons no selo A Regueifa Plataforma o 4 de maio de 2009. No disco atopamos as colaboracións de Martin Wu (The Homens), Álex Charlón (Ataque Escampe), Banin (Los Planetas) e Carlos Valcárcel (Projecto Mourente).

Lista de cancións "Setecentos" (letra de Mario Regueira) "Espida de credo" (letra de Emma Couceiro) "Tardes de domingo" (letra de Diego Ameixeiras) "Píntamas de escuro" (letra de Lara Dopazo Ruibal) "Na febre dos incendios" (letra de Xiana Arias) "Artefacto Burbur" (letra de Ígor Lugrís) "Vigo ou Berlin" (letra de Pedro Lamas) "Que non caiba máis nada" (letra de Yolanda Castaño) "Toda esa enerxía escura" (letra de Estíbaliz Espinosa) "Autopoética in Progress" (letra de Daniel Salgado) "Mans abertas e ollos pechados" (letra de Alberte Momán)

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial Disco en Spotify

Categoría:Álbums de Fanny & Alexander Categoría:Álbums musicais de 2009