A Curta é unha pequena calculadora mecánica de precisión accionada por unha manivela, introducida no mercado en 1948 e deseñada por Curt Herzstark.
Visión xeral miniatura|A Curta Presenta un deseño elegante, ergonómico e compacto (85 mm de altura): un pequeno cilindro que cabe na palma da man. Pódese usar para realizar sumas, restas, multiplicacións e divisións e, con maior esforzo, mesmo a extracción de raíces cadradas e outras operacións.
O seu principio de funcionamento adapta, ao mesmo tempo que o refina e o miniaturiza, o da calculadora de Gottfried Leibniz; os valores de entrada establécense mediante controis deslizantes e súmanse ou réstanse usando un cilindro con rañuras de diferentes lonxitudes como mecanismo de transposición.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Calculadoras Categoría:Tecnoloxías obsoletas