Yasugi (安来市, やすぎし, Yasugi-shi) é un concello da prefectura de Shimane no Xapón. Está situado ó extremo leste da prefectura, na rexión de San'in dentro da rexión de Chugoku, e na área da provincia histórica de Izumo, na illa de Honshu. A súa superficie é de 420,97 km², a poboación é de 42.321 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 101 hab./km².

O concello de Yasugi limita cos concellos de Higashiizumo, Matsue, Unnan, Okuizumo (que son da prefectura de Shimane); de Yonago, Nanbu e Nichinan (que son da prefectura de Tottori).

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Yasugi .

Categoría:Prefectura de Shimane Categoría:Rexión de San'in Categoría:Concellos do Xapón