Os Philadelphia 76ers (tamén coñecidos como Sixers) son un equipo americano de baloncesto profesional con base en Filadelfia, Pensilvania. Xogan na División Atlántico da Conferencia Leste da National Basketball Association (NBA). Orixinalmente coñecidos coma Syracuse Nationals, son unha das franquías máis antigas da NBA. Despois do seu traslado a Filadelfia, fíxose un concurso para decidir o novo nome do equipo. O nome gañador, elixido por Walter Stalberg, foi "76ers", de 1776, ano da sinatura da Declaración de Independencia dos Estados Unidos en Filadelfia.

Os 76ers teñen unha historia moi importante, con algúns dos xogadores máis importantes da NBA que xogaron para a franquía, incluíndo Wilt Chamberlain, Julius Erving, Moses Malone, Charles Barkley e Allen Iverson. Gañaron tres campionatos da NBA, o primeiro deles sendo os Syracuse Nationals, en 1955. O segundo foi na tempada 1966-67, cun equipo liderado por Chamberlain. O terceiro título chegou na tempada 1982-83, gañado co liderado de Erving e Malone. Dende entón, tan só chegaron ás Finais unha soa vez, na tempada 2000-01, da man de Iverson, onde perderon por 4-1 contra Los Angeles Lakers.

Pavillóns Convention Hall e Philadelphia Arena (1963–1967) The Spectrum (1967-1996) Wells Fargo Center (1996-presente)

Historia Syracuse Nationals Os 76ers é a franquía máis antiga de toda a NBA. Comezaron en 1939 co nome de Syracuse Nationals coma un equipo profesional de baloncesto. En 1946, uníronse á National Basketball League, converténdose no equipo situado máis ao leste nunha liga predominada por equipos do medio-leste estadounidense. Era propiedade do inmigrante italiano Danny Biasone, e na súa primeira tempada, tras rematar con 21 vitorias e 23 derrotas, conseguiron acceder aos play-offs, onde foron batidos polos seus veciños do norte, os Rochester Royals, en 4 partidos. Tras outra tempada na cal foron novamente batidos ás primeiras de cambio nos play-offs, ao ano seguinte incorporouse coma xogador Dolph Schayes, co cal conseguiron por primeira vez un balance positivo ao fin da tempada regular, gañando 40 dos 63 partidos. Tras pasar a primeira rolda de play-offs, remataron sucumbindo ante Anderson Duffey Packers en 4 partidos.sportsecyclopedia.com Syacuse Nationals Historical Moments. NBL Years En 1949, os Nationals, xunto con outros sete equipos da NBL fusionáronse coa Basketball Association of America para formar a NBA.

A súa primeira tempada na gran liga non puido ser mellor, xa que chegaron ás Finais da NBA, caendo derrotados ante Minneapolis Lakers, que contaba nas súas ringleiras con xogadores coma George Mikan, Jim Pollard ou Vern Mikkelsen.basketball-reference.com 1949-50 NBA Season Summary Ao ano seguinte o rendemento do equipo non foi tan bo na fase regular, rematando con 32 vitorias e 34 derrotas, na cuarta posición da División Leste. Pero ao chegar aos play-offs transformáronse, derrotando aos favoritos, os Philadelphia Warriors, por 2-0 nas semifinais de Conferencia, caendo finalmente ante os New York Knicks en 5 partidos nas Finais de Conferencia, perdendo por dous puntos no quinto e último partido. En 1955, os Nationals (liderados por Dolph Schayes) gañaron por fin o campionato.basketball-reference.com 1954-55 NBA Season Summary

Philadelphia novamente na NBA

A comezos dos anos 1960, os Nationals pasaban por un mal momento. Syracuse era unha das últimas cidades de tamaño medio, pero resultaba moi pequena para que un equipo profesional fose rendible. O empresario papeleiro Irv Kosloff mercou os Nationals a Danny Biasone e mudou o equipo a Filadelfia en 1963. A NBA, daquela, retornaba a Filadelfia un ano despois de que os San Francisco Warriors se mudasen a San Francisco. Levouse a cabo un concurso para decidir que nome levaría o equipo, e o gañador foi Walt Stahlberg, quen propuxo o nome de "76ers", en conmemoración da firma da Declaración de Independencia dos Estados Unidos levada a cabo en Filadelfia no ano 1776. O nome foi axiña acurtado a "Sixers" polos medios, e pronto ambos os dous nomes se usaron indistintamente para referirse ao equipo.

dereita|196px|miniatura|Wilt Chamberlain liderou os 76ers no seu primeiro campionato. Durante os primeiros catro anos en Filadelfia, os Sixers xogaron no Arena and Civic Center-Convention Hall, salvo nun ocasional partido en The Palestra pertencente á Universidade de Pensilvania. Na tempada 1964-65, contrataron o lendario Wilt Chamberlain procedente dos Warriors.NBA.com Biografía de Wilt Chamberlain Os Sixers debían definir as Finais de Conferencia no sétimo partido da serie fronte a Boston Celtics no cal caeron derrotados 110–108.NBA.com 1965 Playoff Results

A inesquecible tempada 1966-67 Liderados polo adestrador Alex Hannum, os 76ers tiveron unha tempada soñada cun comezo de 46–4,nba.com/history, Top 10 Teams in NBA History para finalizar con 68–13, o mellor récord ata ese momento. Chamberlain, Billy Cunningham, e Hal Greer, xunto con Chet Walker, Lucious Jackson e Wali Jones levaron o equipo ás Finais de Conferencia. Desta vez, cun equipo dos Celtics con xogadores máis vellos e algúns lesionados, os Sixers vencéronos en 5 partidos. Nas Finais derrotaron aos Warriors en seis partidos para lograr así o seu primeiro campionato da NBA. Ese ano os Sixers foron votados como o mellor equipo na historia da liga tras os seus primeiros 35 anos de existencia.

Caída e renacemento dos 76ers miniatura|esquerda|260px|The Spectrum foi o pavillón da franquía dende 1967 ata 1996. Na tempada 1967-68, cun novo pavillón, The Spectrum, o equipo preparábase para defender o seu título de campión. Alcanzaron novamente a postempada, chegando ás Finais de Conferencia onde se enfrontaban outra vez aos Celtics. Despois dos primeiros catro partidos levaban a dianteira por 3-1, pero o partido egoísta despregado polos Sixers foi a súa ruína, cos Celtics remontando a serie para vencer en sete partidos. Alcanzaron novamente a postempada, chegando ás Finais de Conferencia onde se enfrontaban outra vez aos Celtics.NBA.com 1967 Playoff Results Ao final da tempada, os 76ers enviaron a Chamberlain a Los Angeles Lakers a cambio de tres xogadores de perfil baixo. O cambio foi un dos máis desparellados da historia, e o equipo entrou entón en caída libre.

Nas tres seguintes tempadas os Sixers non lograron pasar a segunda rolda dos play-offs; nos play-offs de 1969 caeron de novo ante os Celtics, en 5 partidos, sendo ademais Milwaukee Bucks e Baltimore Bullets os seus verdugos nas dúas seguintes postempadas. En 1971-72, a só cinco anos de conseguir o campionato, finalizaron cun récord de 30-52 e non chegaron á postempada por primeira vez na historia da franquía.

A peor tempada foi a de 1972-73. Comezaron perdendo os primeiros 15 partidos da tempada, e uns poucos meses despois fixaron o que foi nesa época un récord de 20 derrotas seguidas nunha soa tempada. Logo das 20 derrotas tiñan un récord de 4-58, e nese momento levaban perdidos 34 dos últimos 35 partidos. Remataron a tempada con tan só 9 vitorias en 82 partidos, polo que a prensa de Philadelphia lles puxo o alcume de Nine and 73-ers (facendo referencia ás 9 vitorias e 73 derrotas obtidas). Remataron ese ano con 59 partidos gañados menos có campión da división, os Celtics. As 9 vitorias conseguidas polo equipo de 1972-73 é a segunda cantidade máis baixa na historia da NBA, só superada polos seis partidos obtidos por Providence Steamrollers na curta tempada 1947-48. As 73 derrotas, porén, constitúen a maior cantidade sufrida por unha franquía nunha soa tempada. Coma dato curioso cabe destacar que só 6 anos antes os 76ers fixeran o récord de máis vitorias nunha soa tempada.basketball-reference.com 1972-73 Philadelphia 76ers

Ao ano seguinte, Gene Shue foi contratado coma adestrador e lentamente o equipo foi recuperando nivel. Na tempada 1975-76, os Sixers contrataron a George McGinnis, procedente do equipo da ABA Indiana Pacers e con el lograrían alcanzar os play-offs tras 5 anos de ausencia onde perderon fronte a Buffalo Braves en tres partidos.

Dr. J e os 76ers

A tempada 1976-77 será recordada por ser o ano en que Julius Erving -proveniente de New York Nets- se uniu ao equipo, mentres o equipo era adquirido polo filántropo local F. Eugene "Fitz" Dixon, neto de George Dunton Widener e herdeiro da súa fortuna. Chegaron ás Finais de Conferencia tras derrotar ao seu rival histórico, os Celtics, en sete partidos. Nesa instancia, venceron a Houston Rockets, liderado polo futuro sixer Moses Malone, en seis partidos para avanzar ás Finais da NBA. Alí perderían fronte ao equipo dirixido polo seu antigo adestrador Jack Ramsay e liderados dende a cancha por Bill Walton, Portland Trail Blazers, a pesar de comezar gañando a serie 2-0.NBA.com 1977 NBA Finals

Nos play-offs da tempada 1977-78 caeron fronte ao que sería o campión, Washington Bullets.NBA.com 1978 Playoff Results As seguintes catro tempadas, os Sixers estiveron moi preto de obter un novo campionato, incluso logo de contratar coma adestrador ao ex xogador Billy Cunningham. Nas Finais de 1980 fronte a Los Angeles Lakers, perderon por 4-2.NBA.com 1980 Playoff Results No sexto partido, o rookie Magic Johnson xogou coma pivote para os Lakers no lugar de Kareem Abdul-Jabbar (quen non participou ao sufrir unha escordadura de nocello no partido anterior) anotando 42 puntos. Nas Finais de Conferencia de 1981, comezaron gañando 3-1 a serie para logo perder no sétimo encontro.NBA.com 1981 Playoff Results Na seguinte tempada, os 76ers enfrontáronse novamente cos Celtics nas Finais da Conferencia Leste, comezando a serie da mesma maneira cá anterior só para ver coma os Celtics lograban empatarlle a serie 3-3. As opcións de gañar víanse diminuídas por xogarse o partido no Boston Garden. Desta vez, xogarían dunha maneira agresiva e intelixente, conseguindo a vitoria por 120-106.

A histórica tempada 1982-83 Harold Katz comproulle os 76ers a Dixon en 1982. Segundo a súa mirada, a última peza do crebacabezas para lograr o campionato de 1982-83 foi a contratación do pivote Moses Malone de Houston Rockets. Liderados polo integrante do Salón da Fama Julius Erving e xogadores do talle de Maurice Cheeks, Andrew Toney e Bobby Jones dominaron a tempada regular, gañando 65 partidos, sendo aínda a segunda tempada con maior vitorias na historia da franquía.basketball-reference.com 1982-83 Philadelphia 76ers Malone foi nomeado xogador máis valioso. Cando os reporteiros lle preguntaron que pasaría nos play-offs, el contestou, four, four, four (catro, catro, catro), noutras palabras, predicindo que os Sixers varrerían as 3 series en 4 partidos, co mínimo posible de 12 partidos en total.NBA.com 1982-83 Philadelphia 76ers

A pesar de que as series non foron coma Malone predixo, non lles tomou moito traballo pasar ás Finais da NBA vencendo a New York Knicks en 4 partidos primeiro, e a Milwaukee Bucks despois en 5 partidos. Os Sixers gañarían o seu terceiro campionato (o 2º en Filadelfia) en 4 partidos a Los Angeles Lakers, que os venceran na tempada anterior. Malone foi nomeado xogador máis valioso dos play-offs. O seu récord de 12-1 é o segundo mellor na historia da liga só superado polo logrado polos Lakers na tempada 2000-2001 de 15-1 no camiño para conseguir o campionato, curiosamente vencendo aos Sixers nas Finais.basketball-reference.com 1982-83 NBA Season Summary

Chega Charles Barkley miniatura|dereita|upright|Charles Barkley, referente dos Sixers nos 80