O Aeroporto de Bilbao (IATA: BIO, OACI: LEBB) atópase a 5 quilómetros da cidade de Bilbao. A antiga terminal, terminal de carga, e gran parte dos servizos aeroportuarios atópanse no municipio de Sondika, mentres que a nova terminal, deseñada por Santiago Calatrava está no de Loiu. Trátase do aeroporto máis importante da cornixa cantábrica en canto a número de viaxeiros e impacto económico. O aeroporto de Bilbao recibiu en 2016 un total de 4 588 265 viaxeiros, o que supón un incremento dun 7,3% respecto ao ano anterior, segundo datos de AENA.

É o único aeroporto rendible do País Vasco e un dos 14 rendibles do sistema aeroportuario español. Trátase do 12º aeroporto máis concorrido de España por número de pasaxeiros. É unha base da aeroliña rexional Air Nostrum e a segunda base en número de destinos de Vueling, despois do aeroporto de Barcelona.

Arquitectura O aeroporto actual foi concibido polo arquitecto valenciano Santiago Calatrava. Deseñouno de tal forma que desde o exterior se asemellase a unha ave emprendendo o voo, por iso é polo que se coñeza popularmente co nome de A Pomba. Na construción abunda a cor branca, o vidro e o formigón.

A terminal conta cun total de 6 "fingers" (túneles móbiles que conectan directamente o avión coa terminal). Á súa vez, foi deseñada unha nova torre de control en forma de falcón para facer fronte ao incremento de voos que a nova terminal atraería. Con todo, as antigas instalacións aproveitáronse para mellorar o conxunto do aeroporto. A antiga pista de aterraxe mantívose como pista secundaria para utilizala cando a principal non estivese en condicións, a antiga terminal de pasaxeiros habilitouse como terminal de carga e a torre de control equipouse con dispositivos especiais para situacións de urxencia.

Infraestruturas 2 pistas de aterraxe Pista 12-30: 2 600 m. Pista 10-28: 2 000 m. Plataforma Norte: 10 postos de estacionamento. Plataforma Sur: 11 postos de estacionamento. miniatura|dereita|200px|Detalle do aeroporto de Bilbao miniatura|dereita|200px|Aeroporto de Bilbao miniatura|200px|Detalle dun finger e a torre de control ao fondo. Nova Terminal de Pasaxeiros (A Pomba): 36 mostradores de facturación, 12 portas de embarque e 7 hipódromos de recolleita de equipaxes. Antiga Terminal de Pasaxeiros (utilizada agora como oficinas). Terminal de Carga, Zona Industrial e Zona de Aviación Xeral. 3 aparcadoiros: Xeral (P1): 3000 prazas. Exprés (< 30 minutos): 37 prazas. Longa estancia (P2).

Accesos miniatura|dereita|200px|Terminal de pasaxeiros Ao aeroporto pódese acceder desde a cidade de Bilbao de tres xeitos diferentes: En autobús: liña A3247 de Bizkaibus, conecta a cidade (centro e estación de autobuses Termibús) co aeroporto cada 20 minutos, cunha duración da viaxe de 15 minutos, circulando por autovía. En Taxi: tarifa segundo taxímetro, tarda uns 10-15 minutos. En turismo: polos túneles de Artxanda chégase ao centro nun tempo similar. En tren: Prevese realizar unha liña de metro ou proximidades que conecte o centro de Bilbao co aeroporto en 5 min a través dun túnel escavado baixo o Monte Artxanda. En principio finalizarase en 2012.

Aeroliñas e destinos

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial do aeroporto Bilbao Air, Sociedade para a Promoción do Aeroporto de Bilbao Servizos Aéreos, AIR QUALITY

Notas

Bilbao Categoría:Biscaia Categoría:Transporte en Bilbao