Asakura (朝倉市, あさくらし, Asakura-shi) é un concello da prefectura de Fukuoka no Xapón. Está situado ó norte da rexión de Kyūshū e no centro da prefectura, e case todo o territorio está na área da provincia histórica de Chikuzen, na illa de Kyūshū. A súa superficie é de 246,73 km², a poboación é de 56.802 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 230 h/km².

O concello de Asakura limita cos concellos de Ukiha, Kurume, Tachiarai, Chikuzen, Kama, Tōhō (que son da prefectura de Fukuoka); e Hita (este último é da prefectura de Ōita).

Véxase tamén Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Asakura .

Categoría:Prefectura de Fukuoka Categoría:Concellos do Xapón