dereita|miniatura|Val do Franschhoek
Franschhoek (en holandés: "Recuncho francés") é unha pequena cidade da Provincia Western Cape e unha das cidades máis antigas de Suráfrica.
Historia Este val de Suráfrica foi establecido orixinalmente en 1688 polos refuxiados hugonotes franceses, a moitos deles foron dadas terras polo goberno holandés nun val chamado Olifantshoek (recuncho dos elefantes), nomeado deste xeito polas grandes mandas de elefantes que viviron na zona.
O nome axiña mudou a Franschhoek, xa que moitos dos colonos nomeaban as súas novas granxas con nomes das áreas das que chegaron. La Motte, La Cotte, Cabrière, Provence, Chamoix, Dieu Donné e La Dauphine estaban entre algunhas das primeiras granxas (moitas aínda conservan as súas casas orixinais a día de hoxe).
A herdanza hugonote presérvase hoxe co monumento hugonote que foi posto na entrada do pobo. A arquitectura holandesa non foi agredida, foron establecidas restricións a quen quixese facer restauracións ou novas construcións, para conservaren o espírito dos colonos orixinais da zona.
Desenvolvemento A vila comezou a experimentar un pulo desde os anos 90, e con isto medraron os prezos das propiedades. O tempo ideal de verán, os cumios nevados de inverno e a proximidade de Cape Town fixeron de Franschhoek unha das rexións resindenciais máis solicitadas de Suráfrica. A construción da escola privada tamén trouxo moitos habitantes á vila.
Franschhoek é famosa por ter algúns dos restaurantes de maior clase do país. Este feito, así como a cultura do viño e a beleza natural e arquitectónica fixeron de Franschhoek o que moitos coñecen como a 'capital da comida e do viño' de Suráfrica. As características de Franschhoek convertérono nun destino turístico popular.
Véxase tamén Boschendal Hugonotes en Suráfrica
Ligazóns externas Franschhoekweb Franschhoek Wine Valley Official Franschhoek Wine Valley & Tourist information guide Cape Winelands Tourism your guide to Winelands accommodation, holiday and visitor information Official Western Cape and Cape Town tourism guide Franschhoek at your fingertips Franschhoek Information, Tourism and Business listings The Franschhoek Month newspaper
Categoría:Cidades de Suráfrica