Norte-Paso de CalaisVer entrada de «Roubaix». (en francés: Nord-Pas-de-Calais, en picardo: Nord-Pas-d'Calés, en flamengo occidental: Noord-Nauw van Cales) foi unha das 27 rexións de Francia ata a reforma territorial francesa de 2014. Estaba constituída polos departamentos de Norte e de Paso de Calais, e situada ao norte da Francia metropolitana, compartindo fronteira con Bélxica. A súa capital fora Lille.

A maior parte da rexión formara parte dos Países Baixos do Sur, un territorio da rexión histórica dos Países Baixos baixo o Sacro Imperio Romano Xermánico e gobernado por Borgoña, e posteriormente por España e Austria. Gradualmente se tornou parte de Francia entre 1477 e 1678, especialmente durante o reinado de Lois XIV. As históricas provincias de Francia no seu territorio eran as de Artois, o Flandres Francés e o Hainaut Francés.

A área está densamente poboada, cunha proporción duns 330,8 h/km2 e con arredor de 4,1 millóns de habitantes, o 7% do total de Francia. Ademais de Lille, a capital, outra cidade de importancia foi Calais, que serve de nó de conexións económicas con Dover, na Gran Bretaña.

Nome O nome Norte-Paso de Calais combina os nomes dos departamentos que constitúen a rexión, os de Norte e Paso de Calais. Aínda que o nome francés do departamento é Pas-de-Calais, o consello rexional escribe o nome da rexión como Nord-Pas de Calais, sen guións.]

A parte norte da rexión foi historicamente parte do Condado de Flandres, con Douai como capital. É por iso que tamén é chamada Países Baixos franceses (en francés: Pays-Bas français). Outros nomes alternativos son Rexión de Flandres-Artois, Altos de Francia e Picardía do Norte.

Demografía

Notas

Categoría:Norte-Paso de Calais