Carlos Mauricio Funes Cartagena, nado en San Salvador o 18 de outubro de 1959 e finado en Managua o 21 de xaneiro de 2025, foi un xornalista e político salvadoreño. Converteuse en Presidente do Salvador logo de superar nas eleccións do 15 de marzo de 2009 o candidato de ARENA, Rodrigo Ávila.
Funes e a súa familia máis achegada viviron no exilio en Nicaragua desde 2016 a ta a súa morte a causa das alegacións sobre accións criminais que tiveron lugar durante o seu mandato. En xullo de 2023 recibiu sancións do Departamento de Estado dos Estados Unidos tras unha condena in absentia en relación ás negociacións sobre as treguas coas bandas que levou a cabo mentres estaba no cargo, enriquecemento ilícito e evasión fiscal.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Casa Presidencial de El Salvador. Mauricio Funes - Páxina oficial. Biografía extensa en Fundación CIDOB
Categoría:Presidentes do Salvador Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados en San Salvador Categoría:Finados en 2025