Encarna Otero Cepeda, nada en Santiago de Compostela o 29 de xullo de 1950, é unha historiadora, mestra e política nacionalista galega.

Traxectoria Entre 1971 e 1976 residiu na cidade francesa de Tolosa, licenciándose en 1975 en Historia na Universidade de Tolosa-Le Mirail.

En 1978 xa é profesora agregada de Xeografía e Historia, exercendo no IES Eduardo Pondal en Santiago. Desde 1986 formou parte do Seminario Permanente de Historia de COU baixo a coordinación de Ramón Villares Paz.

Ten colaborado e colabora en diferentes publicacións galegas como A Nosa Terra, O Ensino, Andaina, ou Festa da Palabra Silenciada, con diversos artigos sobre a muller na historia. É asemade autora de varios estudos académicos.

Desde o ano 1970 militou activamente no nacionalismo. Durante a súa etapa en Francia participou no movemento antifranquista e coñeceu directamente a realidade do exilio. Desde 1982 formou parte do Consello Nacional do BNG. Desde o ano 1999 até o 2003 foi Primeira Tenente de Alcalde e Concelleira-Delegada de Rehabilitación do Centro histórico, de relacións co Consorcio e de Muller en Santiago. Foi directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda no goberno galego.

No ano 2010 volveu ás aulas do IES Eduardo Pondal de Santiago a impartir clases.

En decembro de 2013 foi presentado un documental feito en colaboración co Consello da Cultura Galega sobre as mulleres que traballaron no wolframio, titulado "A luz do negro".

Obras Ensaio Anacos de esperanza (2003). Sada: Ediciós do Castro. 269 páxs. ISBN 978-8484851110. Mulleres en Compostela. Elas Tamén contaron (2022). El Patito Editorial. 48 páxs. ISBN 978-8412247862.

Literatura infanto-xuvenil O branco país sen neve (2008). Vigo: Galaxia. Ilustracións de Elisa Gallego Picard. 24 páxs. ISBN 978-84-9865-110-2. A serea do mundo (2008). Vigo: Galaxia. Ilustracións de Elisa Gallego Picard. 24 páxs. ISBN 978-84-9865-109-6.

Obras colectivas Historia do Mundo Contemporáneo (1986). Galaxia-SM. Guía de Historia do Mundo Contemporáneo (1987). USC. A ollada exterior do nacionalismo galego (2011). Fundación Galiza Sempre. Ciencias Sociais para 4º de ESO. A Nosa Terra

Audiovisual

A luz do negro

Premios

2024: Premio Begoña Caamaño

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Presentación do documental MEMORIAS DE VIDA EN VIVO. A LUZ DO NEGRO (consellodacultura.gal)

Categoría:Políticos do BNG Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1950 Categoría:Feministas de Galicia