Lucía Francisca Susi Susanti Haditono (chinés: 王蓮香, pinyin: Wang Lian-xiang, nada en Tasikmalaya, Xava Occidental, Indonesia, o 11 de febreiro de 1971), coñecida simplemente como Susi Susanti, foi unha xogadora de bádminton.

Considérase a mellor xogadora de bádminton de Indonesia, foi a máxima dominadora do individual feminino a principios dos anos 90. Conseguiu a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992, así como a medalla de bronce nos de Atlanta 1996. Tamén se proclamou campioa do mundo en Birmingham no 1993; gañou o All England en 4 ocasións, 1990, 1991, 1993 e 1994, e os World Grand Prix dende 1990 até 1994. Ademais axudou ao equipo de Indonesia a gañar a Uber Cup no 1994 e o 1996.

Está casada con Alan Budikusuma, tamén campión olímpico en Barcelona.

Categoría:Xogadores de bádminton olímpicos de Indonesia Categoría:Medallistas olímpicos en bádminton Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Indonesia Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Indonesia Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1992 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Deportistas de Indonesia Categoría:Nados en 1971 Categoría:Nados na provincia de Xava Occidental Categoría:Xogadores de bádminton nos Xogos Olímpicos de 1992 Categoría:Xogadores de bádminton nos Xogos Olímpicos de 1996