Taz Mania é o nome de varios videoxogos baseados na serie de debuxos animados Taz-Mania. Trátase dun videoxogo de plataformas/aventuras de desprazamento lateral en 2D, desenvolvido por Recreational Brainware e publicado por Sega para Mega Drive, en xullo de 1992. NuFX tamén realizou a versión para Game Gear e Technical Wave para Master System. Outros xogos diferentes de Taz-Mania foron publicados por Sunsoft e lanzados en SNES (1993), así como se fixeron dous xogos en Game Boy (1993, 1994).

O xogo O xogador controla a Taz na procura dun ovo xigante. Taz é capaz de saltar, xirar nun tornado e comer varios obxectos. A habibilidade de xirar nun tornado permite a Taz derrotar a maioría dos inimigos, ademais de gañar distancia de salto extra, derrubar elementos e superar certos obstáculos sen sufrir danos. Taz ten a capacidade de comer a maioría dos elementos do nivel, como alimentos para recuperar a saúde, vidas extra e "continúas". Comer uns chiles permítelle a Taz exhalar lume para derrotar inimigos máis fortes, mentres que comer unha estrela outórgalle unha invencibilidade temporal. Outros elementos, como bombas, pódense lanzar aos inimigos, pero danarán a Taz se os come.

Véxase tamén Ligazóns externas Taz-Mania en MobyGames

Categoría:Videoxogos de Sega Mega Drive Categoría:Videoxogos de 1992 Categoría:Videoxogos de Game Boy