La Saïdia é o distrito número 5 de Valencia, situado ao norte da Ciutat Vella, e se estende dende a marxe esquerda do río Turia até a avenida do Doctor Peset Aleixandre. Ao leste linda coa rúa de General Elío, o comezo da avenida de Vicent Blasco Ibáñez, e ao oeste a avenida de Burjassot. Componse dos barrios de Marxalenes, Morvedre, Trinitat, Tormos e Sant Antoni. A súa poboación censada no 2009 era de 49.775 habitantes segundo o Concello de Valencia.

Toponimia En castelán usan o topónimo Zaidía, unha castelanización do valenciano Saïdia, que á súa vez deriva do palacio que tivo o rei andalusí Zayd.

Lugares destacables O distrito ten moitos lugares de destacable importancia. Un é o Mosteiro da Trinitat, no barrio homónimo. Anteriormente era o punto de confluencia das vías do trenet de València que se dirixían dende Rafelbunyol, Burjassot e o Cabanyal até a estación da Pont de Fusta, situado no punto máis meridional do distrito, hoxe en día é o moderno tranvía o que percorre de oeste a leste o distrito. Tamén dispón de importantes parques municipais como os Jardins del Real e o de Marxalenes.

Poboación O distrito tiña 49.320 habitantes en 2007, divididos en cinco barrios:

Marxalenes (11.423) Morvedre (10.535) Trinitat (8.256) Tormos (8.960) Sant Antoni (10.146)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Plano oficial dos distritos e barrios da cidade de Valencia

Categoría:Distritos de Valencia