Aude (11) é un departamento de Francia cuxa capital é Carcasona. Forma parte da rexión de Occitania. O seu xentilicio en francés é Audois. Das tres patrias da cassoulet (Carcasona, Castelnaudary e Tolosa), dúas atópanse en Aude.

Historia O departamento de Aude foi un dos oitenta e tres creados o 4 de marzo de 1790, en aplicación da lei do 22 de decembro de 1789. As súas fronteiras abarcan o que anteriormente foi unha parte da provincia de Languedoc.

Xeografía Está limitado polos departamentos de Hérault ao nordeste, Tarn ao norte, Alta Garona ao noroeste, Ariège ao suroeste, Pireneos Orientais ao sur, e polo mar Mediterráneo (47 km de costa) ao leste. Por Aude pasan os ríos Aude, Orbieu e Hers. Punto máis alto: Pic du Madrès (2.469m). Punto máis baixo: 0m (costa mediterránea) Estrada máis alta: Col du Pradel (1.679m) Outros cumios: Pic du Bernard-Sauvage (2.423m), Picaucel (2.027m), La Glèbe (2.024m) Maior lagoa: Étang de Bages-et-de-Sigean (45 km²) Estanques salgados: Étang de Salses-Leucate (110 km², compartido cos Pireneos Orientais), Étang de Gruissan (25 km²), Étang de l'Ayrolle e Étang de Campignol (16 km² entre ambos), Étang de Lapalme Lagos de l'Estrade e Étang de Pissevaches Desfiladeiros da Pierre-Lys, Gorges de Galamus, da Frau, do Orbieu, do Aude Grutas de Limousis, de Laguzou, de Cabrespine (sima xigante)

Clima O clima de Aude é predominantemente mediterráneo.

O outono caracterízase por tormentas violentas e rápidas. O verán é a miúdo cálido e seco, o que favorece o cultivo da vide e a oliveira. Mais, o departamento é unha terra de contrastes:

No norte, a Montagne Noire (montaña negra) e, no sur, o país de Sault teñen climas de montaña, con temperaturas ás veces moi baixas en inverno.

No oeste, o clima é de tipo aquitano, con precipitacións máis importantes, mentres que no leste o clima é puramente mediterráneo.

No centro, na rexión Limouxine, Carcassonnaise e do Razès, o clima é intermedio, con exposicións importantes aos ventos. Os ventos están a miúdo presentes no Aude. É un dos departamentos franceses máis ventosos con 300 a 350 días de vento por ano. Este fenómeno débese principalmente aos relevos setentrionais e meridionais que forman un corredor.

No noroeste sopra o Cers, chamado Tramontane na Provenza, que é un vento de terra. É un vento seco e violento e frío en inverno. Ao contrario, sopra o Autan que é cálido e húmido e procede do mar ao sueste. Estes ventos regulares permitiron instalar centrais eólicas como en Avignonet-Lauragais.

Demografía

As maiores cidades do departamento son (datos do censo de 1999): Narbona 46.510 habitantes; a aglomeración fórmaa un único municipio. Carcasona: 43.950 habitantes; a aglomeración fórmaa un único municipio. Castelnaudary: 10.851 habitantes, 11.876 na aglomeración.

Economía miniatura|300px|dereita|Vista da cidade de Carcasona dende a Cidade. Con pouca importancia da industria (centrada nas cidades principais e en Port-la-Nouvelle), os principais recursos proveñen da agricultura (principalmente a vide) e, sobre todo, do turismo. Lugares de interese son a cidade fortificada de Carcasona, o conxunto monumental de Narbona, a abadía de Fontfroide, os castelos de Peyrepertuse e Quéribus e a reserva africana de Sigean, entre outros.

Ligazóns externas

Historia, demografía e outros datos de interese de Aude

Categoría:Departamentos de Occitania