250px|miniatura|dereita|Orchata con fartons. 250px|miniatura|dereita|Venda de orchata nas rúas de Valencia. miniatura|Orchata (Mexico) A orchata (en valenciano: orxata de xufa, do latín: hordeata, "feita de cebada ou orxo"Entrada orchata no Gran Dicionario Xerais da lingua) é unha bebida refrescante (tamén sobremesa), preparada con auga, azucre e chufas. As chufas son uns pequenos tubérculos subterráneos con forma de noz que proceden das raíces da xunca doce (Cyperus esculentus).

Orixe A chufa era moi usada en terra de Exipto, onde se atoparon vasos con elas nas tumbas dos faraóns. Así mesmo, diversos autores persas e árabes mencionaban xa nos seus escritos os beneficios dixestivos e desinfectantes da chufa. Naquela época utilizábase como bebida medicinal xa que é moi beneficiosa para a saúde por ser altamente enerxética e diurética, xa que a orchata é rica en minerais e vitaminas, entre os que destacan o fósforo, o potasio e as vitaminas C e E. Mais, foi especialmente no século VIII, cando os árabes introducen o seu cultivo na zona mediterránea, denominándoa «leite de chufa», antecedente directo do que máis tarde pasou a chamarse orchata, sendo a horta de Valencia moi apropiada para o seu cultivo, xa que require terra solta e areosa así como temperaturas suaves.

Unha lenda popular di que o seu nome provén dos tempos da conquista de Valencia. A bebida foi ofrecida ao rei da coroa aragonesa Xaime I de Aragón na entrada de Valencia por unha moza das hortas valencianas. Ao probar o seu sabor, Xaime contestou «Açò és or, xata», que significa «Isto é ouro, filliña». Con todo esta pintoresca historia é falsa. A etimoloxía auténtica lévanos ao latín hordeata, de hordeum, que significa "de cebada" (tamén chamada orxo en galego). Orixinalmente, pois, a orchata era unha auga de cebada.

Elaboración A elaboración da orchata comeza co lavado do tubérculo, posteriormente pasando a un muíño para a súa trituración. Déixase un tempo en maceración, prénsase varias veces e obtense o extracto final. Para finalizar o proceso engádeselle azucre e vólvese a peneirar.

Información nutricional Información nutricional da orchata de chufa (por 100 ml) É rica en minerais, coma o fósforo, o calcio, o magnesio e o ferro, e en vitaminas, entre as que destacan as vitaminas C e E. Tamén achega numerosos encimas que facilitan a dixestión. O seu valor enerxético (100 kcal/100 g) convértea nunha boa bebida enerxética. Contén baixo sodio. Non contén lactosa nin caseína nin glute.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Xunca doce (chufa) Ligazóns externas

Consello Regulador da D.O. Xufa de València Museo da Chufa e a Orchata

Categoría:Gastronomía de Valencia Categoría:Bebidas valencianas Categoría:Sucedáneos lácteos Categoría:Vexetarianismo