Jōetsu (上越市, じょうえつし, Jōetsu-shi) é un concello da prefectura de Niigata no Xapón. Está situado ó norte da rexión de Chūbu, e ó oeste da prefectura, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 973,32 km², a poboación é de 204 225 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 210 hab./km². Jōetsu é a terceira cidade máis poboada na prefectura de Niigata.

O concello de Jōetsu limita cos concellos de Itoigawa, Myōkō, Tōkamachi, Kashiwazaki (que son da prefectura de Niigata); de Iiyama e Sakae (que son da prefectura de Nagano).

Universidades Universidade das ciencias da educación de Jōetsu (上越教育大学).

Cidades irmandadas Ueda (1979). Lilienfeld (1981). Yonezawa (1981). Shizuoka (1995). Muroran (1995). Iwanai (1995).

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Jōetsu . Sitio web oficial da cidade de Jōetsu .

Joetsu Joetsu Joetsu Joetsu