Nagano (長野市, ながのし, Nagano-shi) é unha cidade e concello da prefectura de Nagano no Xapón, capital da súa prefectura. Está situado ó norte da rexión de Chūbu e ó norte da prefectura, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 730,83 km², a poboación é de 376.872 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 516 hab./km².

O concello de Nagano limita cos concellos de Otari, Hakuba, Ōmachi, Ogawa, Nakajō, Shinshūshin, Ikusaka, Chikuhoku, Omi, Chikuma, Ueda, Suzaka, Obuse, Nakano, Iizuna, Shinano (que son da prefectura de Nagano); e Myōkō (este último é da prefectura de Niigata).

Turismo e lugares de interese Zenkō-ji (善光寺) - Un templo budista. Santuario xintoísta de Togakushi (戸隠神社). Parque do antigo campo de batalla de Kawanakajima (川中島古戦場).

Galería de imaxes

Universidades Universidade de Shinshū (信州大学).

Cidades irmandadas Clearwater, Florida, EUA (1959).

Personaxes de sona Sakuma Shōzan (佐久間象山, さくま しょうざん, 1811 – 1864) - Samurai e estudoso da época de Edo. Tadamichi Kuribayashi (栗林忠道, くりばやし ただみち, 1891 - 1945) - Militar de exército de terra, dirixiu a defensa da illa de Iwō-tō.

Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Nagano .

Categoría:Prefectura de Nagano Categoría:Rexión de Kōshin'etsu Categoría:Concellos do Xapón Categoría:Cidades olímpicas