O hawaiano (Ōlelo Hawai‘i) é unha lingua do grupo malaio-polinesio falada en Hawai polo pobo hawaiano. Canda o inglés, é a lingua oficial do Estado de Hawai. É a linguaxe que deu orixe á verba Wiki da Wikipedia, que significa "rápido". O hawaiano está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
O hawaiano pertence ao grupo das linguas polinesias, xunto con idiomas como o tahitiano, samoano, o maorí, e o rapanui, e relaciónase na distancia co indonesio, o malgaxe, o tagalo e as linguas indíxenas de Taiwán.
Niʻihau A illa de Niʻihau, ao suroeste de Kaua'i, é a única onde toda a poboación (preto de 160 persoas) fala o hawaiano como lingua nativa. Entre as razóns do seu enraizamento inclúense que a illa é propiedade privada dende 1872 e poucas veces se permite a visita de estranxeiros; ademais, os propietarios da illa estimularon o mantemento da lingua e os propios habitantes de Niʻihau esforzáronse por conservala.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Wikipedia en hawaiano Bibliografía
Ligazóns externas 'Ōlelo Hawai'i Language Program Programa para a ensinanza do hawaiano da Universidade de Hawai . Ulukau. The Hawaian Electronic Library Páxina en inglés e hawaiano que contén edicións de periódicos, dicionarios e libros en hawaiano.
Categoría:Linguas polinesias Categoría:Cultura de Hawai Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América