Suwa (諏訪市, すわし, Suwa-shi) é un concello da prefectura de Nagano no Xapón. Está situado na rexión de Kōshin'etsu, no centro da rexión de Chūbu e ó norte da prefectura, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 109,06 km², a poboación é de 51.731 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 474 hab./km².
O concello de Suwa limita cos concellos de Tatsuno, Minowa, Ina, Chino, Nagawa, Shimosuwa e Okaya.
Historia A cidade de Suwa foi fundada pola fusión do concello da vila de Kamisuwa e dous concellos de aldeas do distrito de Suwa o 10 de agosto de 1941.
Economía Epson (セイコーエプソン株式会社).
Cidades irmandadas Wörgl, Tirol, Austria (1960). Kundl, Tirol, Austria (1960). Itō, prefectura de Shizuoka, Xapón (1965) St. Louis, Missouri, EUA (1974). Hadano, prefectura de Kanagawa, Xapón (1984). Amboise, rexión de Centro, Francia (1987). Iki, prefectura de Nagasaki, Xapón (2005).
Personaxes de sona Tetsuzan Nagata (永田 鉄山, ながた てつざん, 1884 - 1935) - Militar.
Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Suwa .
Categoría:Prefectura de Nagano Categoría:Rexión de Kōshin'etsu Categoría:Concellos do Xapón