Minamiarupusu (南アルプス市, みなみあるぷすし, Minamiarupusu-shi) é un concello da prefectura de Yamanashi no Xapón. Está situado ó sueste da rexión de Chūbu e ó oeste da prefectura, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 264,06 km², a poboación é de 72.347 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 274 h/km².
O concello de Minamiarupusu limita cos concellos de Hayakawa, Masuho, Ichikawamisato, Chūō, Shōwa, Kai, Nirasaki, Hokuto (que son da prefectura de Yamanashi); de Ina (que é da prefectura de Nagano); e Shizuoka (este último é da prefectura de Shizuoka).
Historia A cidade de Minamiarupusu estableceuse pola fusión de 6 concellos do distrito de Nakakoma (Hatta, Shirane, Ashiyasu, Wakakusa, Kushigata e Kōsai) no ano 2003.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Minamiarupusu .
Categoría:Prefectura de Yamanashi Categoría:Rexión de Kōshin'etsu Categoría:Concellos do Xapón