Higashikagawa (東かがわ市, ひがしかがわし, Higashikagawa-shi) é un concello da prefectura de Kagawa no Xapón. Está situado ao norte da rexión de Shikoku e ao leste da prefectura, na illa de Shikoku. A súa superficie é de 153,35 km², a poboación é de 34.218 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 223 h/km².
O concello de Higashikagawa limita pola terra cos concellos de Sanuki (que é da prefectura de Kagawa); de Awa, Kamiita, Itano, Naruto (que son da prefectura de Tokushima), e polo mar co concello de Shōdoshima (este último é da prefectura de Kagawa).
Historia A cidade de Higashikagawa foi fundada pola fusión de 3 concellos do distrito de Ōkawa (Hiketa-chou, Shirotori-chou e Ōchi-chou) no ano 2003.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Higashikagawa .
Categoría:Prefectura de Kagawa Categoría:Concellos do Xapón