Zentsūji (en ) é un concello da prefectura de Kagawa no Xapón. Está situado na rexión de Shikoku e ó noroeste da prefectura, na illa de Shikoku. A súa superficie é de 39,88 km², a poboación é de 34.948 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 876 h/km².
O concello de Zentsūji limita cos concellos de Tadotsu, Mitoyo, Kotohira, Mannō e Marugame.
Xeografía Zentsūji atópase ao noroeste da prefectura de Kagawa. É a única cidade desta prefectura que non dá ao mar.
Municipios limítrofes Os municipios que teñen fronteira con Zentsūji son:
Kotohira Mannō Marugame Mitoyo Tadotsu
Climatoloxía Zentsūji ten un clima subtropical húmido caracterizado por veráns cálidos e invernos fríos con escasa neve. A temperatura media anual é de 15,1 °C. A precipitación media anual é de 1439mm; setembro é o mes máis húmido. A temperatura son máis altas de media en agosto, duns 26,2 °C, e máis baixas de media contra xaneiro, cuns 4,7 °C.
Cidades irmandadas El Dorado, Arcansas, Estados Unidos (1964). Hirado, prefectura de Nagasaki, Xapón (1985).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Zentsūji .
Zentsuji Zentsuji