Tinajo é un concello español pertencente á provincia das Palmas (Canarias). Está situado no oeste da illa de Lanzarote. A súa poboación, segundo o censo do INE de 2011 é de 5.728, o que supón unha densidade de 42,34 hab/km².

As principais industrias son a agricultura (vide, froiteiras, cebolas) e o turismo (deportivo e surf) localizado no barrio da Santa e o Parque Nacional de Timanfaya, que comparte co municipio de Yaiza. En Mancha Blanca atópase a ermida da Nosa Señora das Dores ou dos Volcáns (Patroa de Lanzarote).

Lugares de interese histórico

Ermida da Virxe das Dores Ermida da Virxe da Régoa Igrexa de San Roque Sitio enolóxico de Tenesera Sitio Paleontolóxico da Isleta de La Santa Cova dos Naturalistas Cova de Ana Viciosa Parque Natural dos Volcáns

Galería de imaxes

Véxase tamén

Ligazóns externas

Concello de Tinajo

Categoría:Concellos de Lanzarote