A praia do Cargadoiro é un areal situado no lugar homónimo, na parroquia de Vilaselán (Ribadeo). Non dispón de bandeira azul.

Ten uns 50 m de lonxitude e uns 15 m de ancho. Ten area fina e dourada, con ondas moderadas, e adoita ter unha ocupación media. Recibe o seu nome polo cargadoiro industrial da liña Ribadeo - Viloudriz, que levaba ferro desde as minas até o peirao. Está a carón do Museo Etnográfico do Cargadoiro e do Forte de San Damián, e preto do porto deportivo de Ribadeo.

Véxase tamén Outros artigos Praias da provincia de Lugo

Cargadoiro Categoría:Praias de Galicia sen imaxes Categoría:Ribadeo sen imaxes