A música irlandesa é un termo co que se coñece a un conxunto de xéneros e tracidións musicais que tiveron ou teñen presenza na illa de Irlanda.
A música orixinaria de Irlanda é a que se coñece como música tradicional irlandesa, que se mantivo con grande vitalidade e continuidade histórica a pesar das forzas da globalización cultural. 150px|miniatura|Escudo de Irlanda no que se atopa representada a arpa gaélica, emblema heráldico tradicional do país.|esquerda Historia As súas formas tradicionais remóntanse a tempos moi antigos, e foron incorporando instrumentos como a arpa gaélica, as uilleann pipes, o violín, o tin whistle e o acordeón ao longo da súa historia.
O rexurdimento da música tradicional a finais do século XIX e comezos do século XX foi seguido por un novo pulo a partir da década de 1960. A pesar da emigración e da forte influencia do Reino Unido e dos Estados Unidos, soubo manter as súas raíces con poucas influencias externas. De feito, a música tradicional de Irlanda tivo un papel moi importante no desenvolvemento da música country nos EUA.
No século XXI, a música tradicional segue moi presente na vida social irlandesa, tanto en festivais e reunións musicais como nos pubs, e continúan a existir institucións dedicadas á súa conservación e difusión. Na actualidade, son frecuentes as fusións deste tipo de música co rock and roll, o punk, o folk metal e outros xéneros.
Fusións e música irlandesa polo mundo miniatura|Bodhrán irlandés.A emigración desempeñou un papel importante na difusión internacional da música irlandesa. As cancións irlandesas acadaron ampla difusión en Europa no século XIX, e a música levada aos Estados Unidos polos emigrantes irlandeses converteuse nunha das principais fontes da música tradicional americana; entre os antecedentes da música country cóntanse tamén baladas e cancións populares levadas por colonos ingleses, escoceses e irlandeses. Na música popular contemporánea son frecuentes as fusións da tradición irlandesa co rock, o pop e outras formas de música popular.
Por outra banda, a música irlandesa acadou unha gran difusión e éxito internacional nas últimas décadas e en moitos xéneros diferentes. Entre os de maior proxección figuran a música tradicional, o folk, o folk-rock, o rock, o punk rock, o pop e diversas formas de fusión.
Exemplos contemporáneos miniatura|Thin Lizzy en concerto, 1981 miniatura|The Chieftains con Carlos Núñez Entre os artistas musicais de Irlanda con éxito nacional e internacional poden distinguirse varios grupos:A listaxe é orientativa, e moitos deles abranguen distintos xéneros musicais.
Música tradicional, folk e música celta: The Chieftains, The Dubliners, Planxty, The Bothy Band, Dolores Keane e De Dannan, Altan, The Clancy Brothers, Tommy Makem, Christy Moore, Dónal Lunny, Mary Black, Sharon Shannon, The Wolfe Tones, Ronnie Drew e Luke Kelly.
Folk-rock, rock de raíz e fusións celtas: Clannad, Horslips, The Corrs, The Hothouse Flowers, The Saw Doctors, Paul Brady, Them e Van Morrison, Mundy, Damien Rice, Glen Hansard e Sinéad O'Connor.
Rock, blues rock e hard rock: U2, Phil Lynott e Thin Lizzy, Gary Moore e Rory Gallagher.
Punk rock, new wave, indie e rock alternativo: The Pogues, The Men They Couldn't Hang,The Pogues e TMTCH son bandas anglo-irlandesas. Bob Geldof e The Boomtown Rats, Stiff Little Fingers, The Undertones, In Tua Nua, Therapy?, Ash, Something Happens, The Divine Comedy, Snow Patrol, The Cranberries e Two Door Cinema Club.
Pop, pop-rock e música comercial: Enya, Westlife, Boyzone, B*Witched, Nadine Coyle, The Script, Peter Cunnah (de D:Ream), Dana, Johnny Logan e Gilbert O'Sullivan.
Canción melódica, easy listening, showbands e country: Josef Locke, Frank Patterson, Val Doonican, Ruby Murray, Daniel O'Donnell, Bridie Gallagher, Brendan Bowyer e Phil Coulter.
Música clásica, composición escénica e crossovers: The Irish Tenors, James Galway, Bill Whelan e Celtic Woman.
Notas
Véxase tamén
Música folk Música celta
Categoría:Música de Irlanda