El Astillero (Real Astillero de Guarnizo), é un municipio cántabro, situado á beira das rías de Solía, e a de El Carmen e a de Astillero (Baía de Santander).
Está situado entre os termos municipais de Camargo, ao que antigamente pertenceu El Astillero, Villaescusa, Piélagos, Medio Cudeyo e Marina de Cudeyo. Situado ao pé de Pena Cabarga, atópase a 7,5 quilómetros da capital da comunidade, Santander, e está a 20 metros de altitude sobre o nivel do mar.
A confluencia das rías e a costa da baía forma unha grande extensión de zonas húmidas onde aniñan durante todo o ano diversas aves migratorias. O municipio ten unha superficie de 6,80 km².
Con 17.632 habitantes (INE, 2008), este municipio é o sexto núcleo máis poboado de Cantabria.
Demografía