Francisco Álvarez de Nóvoa Ferrer, nado en Granada o 11 de xuño de 1873 e finado en Ourense o 13 de xuño de 1936, foi un xornalista e escritor galego. Traxectoria Fillo de Víctor Álvarez de Novoa Varela, de ascendencia galega. Chegou a Ourense en 1892, onde comezou unha intensa actividade nos medios xornalísticos colaborando en La Defensa de Galicia e El Noticiero.

En 1909 marchou a Lisboa onde abriu un estudio de fotografía que trasladou, en 1910, a Río de Xaneiro, onde participou na vida social e na actividade xornalística da comunidade galega. En Buenos Aires fundou con Fortunato Cruces La Voz de Galicia (1913) e en 1915 volveu a Ourense e iniciou a súa segunda etapa xornalística dirixindo El Miño, La Voz Pública e El Diario de Orense.

A partir de 1925 abandonou a actividade relacionada coa literatura e co xornalismo debido ao veto que lle impuxo a Ditadura de Primo de Rivera ao facerlle escoller entre o seu posto de funcionario da Deputación e a práctica xornalística.

En 1906 foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega.

Obras Beira o Barbaña. Paisaxes, 1894, relatos en galego publicados en El Derecho. Recuerdo, 1895, monólogo teatral en castelán, con prólogo de Heraclio P. Placer.Recuerdo en Galiciana. Pé das Burgas, 1896, Biblioteca Gallega, narrativa en galego. La titiritera. Comedia dramática en tres actos, 1918.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía : "Álvarez de Nóvoa, Francisco" en Gran Enciclopedia Galega. Outros artigos Pé das Burgas Ligazóns externas Biblioteca Virtual Galega

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en Granada Categoría:Nados en 1873 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega