Adrián López Álvarez, nado en Teberga (Asturias) o 8 de xaneiro de 1988, é un futbolista español. Xoga de dianteiro e o seu equipo actual é o CA Osasuna da Liga Santander.
Traxectoria Comezou a súa carreira como futbolista no Oviedo, debutando en Segunda División B con tan só 17 anos, na tempada 2005/06, da man de Antonio Rivas. Disputou un total de 30 partidos e marcou 3 goles.
No verán de 2006, cando aínda tiña 18 anos, foi fichado polo Deportivo da Coruña. Anotou o seu primeiro gol en Primeira División nun partido de Liga contra o FC Barcelona nunha grande internada polo centro que culminou ante o porteiro Víctor Valdés o 31 de marzo de 2007.
A tempada 2007/08 comezouna no Deportivo, aínda que se foi cedido ao Deportivo Alavés de Segunda División no mercado de inverno, onde anotou tres goles que axudaron ao equipo vitoriano a manter a categoría.
Na campaña 2008/09 foi cedido novamente, esta vez ao Málaga CF, onde marcou tres goles en 28 partidos xogados, o primeiro deles o 28 de setembro de 2008 contra o Real Valladolid.
A partir da tempada seguinte regresou ao Deportivo, conseguindo afianzarse no equipo titular e mellorando as súas cifras goleadoras. Na tempada 2010/11 foi o máximo goleador do equipo con 8 goles. Con todo, o equipo coruñés terminou descendendo a Segunda División ao final desa campaña.
O 11 de agosto de 2017 anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña, cedido polo FC Porto durante unha temporada con opción de compra.
Selección nacional Foi internacional coa Selección de fútbol Sub-20 de España. Actualmente é convocado habitualmente para os partidos da Sub-21. En maio de 2011 foi convocado para xogar a Eurocopa sub-21, celebrada en Dinamarca en xuño do mesmo ano, onde se proclamou campión e máximo goleador do torneo con cinco goles.
Participacións en Copas do Mundo En 2007 disputou a Copa Mundial de Fútbol Sub-20 coa selección española no Canadá. Adrián foi un dos estandartes da selección, obtendo a Bota de Prata do mundial con 5 goles.
MundialSedeResultadoCopa Mundial de Fútbol Sub-20 de 2007Canadá8° de finalEuropeo de Fútbol Sub-21 de 2009SueciaFase de grupos
Palmarés Club TítuloClubAnoUEFA Europa LeagueAtlético de Madrid2012Copa do ReiAtlético de Madrid2013Primeira DivisiónAtlético de Madrid2014
Selección Campionatos internacionais TítuloClubAnoEurocopa Sub-21Selección española2011
Distincións individuais DistinciónAnoBota de Prata da Copa Mundial de Fútbol Sub-202007Bota de ouro da Eurocopa sub-212011Mellor xogador da Eurocopa sub-212011
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en futbolme.com
Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Teberga Categoría:Futbolistas de Asturias Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Real Oviedo Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés Categoría:Xogadores do Málaga CF Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do FC Porto Categoría:Xogadores do Villarreal CF Categoría:Xogadores do CA Osasuna Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Futbolistas olímpicos de España Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2012