Kawachinagano (河内長野市, かわちながのし, Kawachinagano-shi) é un concello xaponés da prefectura de Osaca. Está situado ó suroeste da prefectura, na zona sur da provincia histórica de Kawachi, no centro da rexión de Kinki, e no centro da illa de Honshu. A súa superficie é de 109,61 km², a poboación é de 113.136 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 1.030 hab./km².
O concello de Kawachinagano limita cos concellos de Izumi, Sakai, Ōsakasayama, Tondabayashi, Chihayaakasaka (da prefectura de Osaca); Katsuragi, Hashimoto (que son da prefectura de Wakayama); e Gojō (este último é da prefectura de Nara).
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Kawachinagano .
Categoría:Prefectura de Osaca Categoría:Concellos do Xapón