San Miguel das Negradas é unha parroquia do concello do Vicedo, na comarca da Mariña Occidental, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 230 habitantes.

Está situada no extremo noroeste da provincia de Lugo, lindando coa ría do Barqueiro e co concello de Mañón. Rexístranse poboamentos xa desde a época prerromana, incluído un castro na illa de San Martiño. Foi concello independente ata mediados do século XIX.

Patrimonio Tivo tres conventos, un feminino en San Paio (na zona montañosa da parroquia), outra no Mosteiro (de onde vén o nome que ten) e o terceiro na illa de San Martiño. En San Roque (antigamente chamado Santa Mariña), hai unha capela dedicada a ese santo.

Demografía

Lugares e parroquias Lugares de San Miguel de Negradas

Parroquias do Vicedo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares do Vicedo

Categoría:Parroquias do Vicedo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Miguel