Enrique "Quique" Setién Solar, nado en Santander o 27 de setembro de 1958, é un exfutbolista e actual adestrador profesional de fútbol español. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española. Dende outubro de 2022 adestra o Villarreal, na Primeira División.

Traxectoria Nado en Santander en 1958, debutou co equipo da súa cidade, o Racing de Santander, en Primeira División en 1977 con tan só 19 anos. No club cántabro xogou oito tempadas consecutivas, nas que pasou de ser un xogador non indiscutible até ser o capitán do equipo co número 10 nas costas. Porén, durante as súas primeiras tempadas no Racing, perdeuse por completo a tempada 1982-1983 por mor dunha grave lesión. A súa gran tempada 1984-85, onde conseguiría sete goles, chama a atención do Atlético de Madrid, onde xa no seu primeiro ano no club colchoneiro sería un dos xogadores importante do club, chegando ser internacional absoluto con .

Coa selección debutaría o 20 de novembro de 1985 no estadio de La Romareda, en Zaragoza, como titular ante (0-0). Posteriormente xogaría no Luis Casanova de Valencia o 18 de decembro de 1985 ante (2-0), formando parte do once inicial, e o 22 de xaneiro de 1986 no Estadio Insular das Palmas de Gran Canaria contra a desaparecida (2-0). Formaría parte tamén do combinado español no Mundial de México de 1986, aínda que non chegou xogar. Anteriormente fora tamén internacional sub-21 e olímpico, así como despois da súa retirada do fútbol profesional do combinado de fútbol praia entre 1996 e 2003.

No seu terceiro ano no Atlético de Madrid, o seu problema co daquela presidente do club madrileño Jesús Gil y Gil, levárono ao banco, xogando tan só 11 partidos nos que anotou un gol. En total no aTlético xogaría 73 partidos marcando 7 goles. Tras ese mal ano recalaría no CD Logroñés tamén da Primeira División, onde tras un mal inicio acabaría converténdose nun dos piares do equipo durante catro tempadas, nas que xogou 114 partidos anotando 20 goles. Nos seus últimos anos como xogador profesional volvería ao club da súa terra, o Rácing de Santander, onde xogaría catro tempadas máis a un alto nivel. Despois da súa retirada, fichou polo Levante como reforzo de luxo para xogar a fase de ascenso á Segunda División, obxectivo que se cumpriu.

Adestrador Como adestrador ascendeu ao Racing de Santander á Primeira División en 2002 e ao Club Deportivo Lugo á Segunda División en 2012, equipo ao que adestrou dende 2009 ata 2015. É o adestrador con máis partidos dirixidos na historia do club lucense.

O 19 de outubro de 2015 firmou polo UD Las Palmas, en substitución de Paco Herrera, cun contrato até xuño de 2016 prorrogable por un ano máis.

Equipos Xogador AnoClubDivisiónPartidosGoles1977-1978Racing de SantanderPrimeira2121978-1979Racing de SantanderPrimeira2431979-1980Racing de SantanderSegunda3351980-1981Racing de SantanderSegunda35101981-1982Racing de SantanderPrimeira2251982-1983Racing de SantanderPrimeira001983-1984Racing de SantanderSegunda36111984-1985Racing de SantanderPrimeira3371985-1986Atlético de MadridPrimeira3051986-1987Atlético de MadridPrimeira3211987-1988Atlético de MadridPrimeira1111988-1989LogroñésPrimeira1321989-1990LogroñésPrimeira3291990-1991LogroñésPrimeira3671991-1992LogroñésPrimeira3321992-1993Racing de SantanderSegunda37111993-1994Racing de SantanderPrimeira3881994-1995Racing de SantanderPrimeira3761995-1996Racing de SantanderPrimeira1201996LevanteSegunda B4

Adestrador A columna de posto refírese á posición que ocupaba o equipo no momento en que Quique Setién abandona o club. Se está en cursiva quere dicir que deixou de traballar nese club antes de chegar á fin da tempada. AnoClubDivisiónPart.Posto2001-2002Racing de SantanderSegunda352º 9px|link=Primeira División española2003Poli EjidoSegunda1219º2006Guinea EcuatorialInternacional12007-2008CD LogroñésSegunda B2018º2009-2010CD LugoSegunda B387º2010-2011CD LugoSegunda B441º2011-2012CD LugoSegunda B443º 9px|link=Segunda División española2012-2013CD LugoSegunda4211º2013-2014CD LugoSegunda4212º2014-2015CD LugoSegunda4215º

Palmarés Atlético de Madrid Supercopa de España: 1985

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do adestrador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados en Santander Categoría:Futbolistas de Cantabria Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do CD Logroñés Categoría:Xogadores do Levante UD Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Adestradores de fútbol de España Categoría:Adestradores do Racing de Santander Categoría:Adestradores do CD Logroñés Categoría:Adestradores do Polideportivo Ejido Categoría:Adestradores do CD Lugo Categoría:Adestradores da UD Las Palmas Categoría:Adestradores do Real Betis Balompié Categoría:Adestradores do FC Barcelona Categoría:Adestradores da selección de fútbol de Guinea Ecuatorial Categoría:Adestradores do Villarreal CF