Hermigua é un municipio español pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife. Está situado no norte da illa de La Gomera (Canarias).
Ten unha extensión de 39,67 km² e unha poboación de 2.170 habitantes (INE, xaneiro de 2007). A súa altitude é de 210 metros sobre o nivel do mar e ten unha Lonxitude de costa de 8,35 km
Algúns lugares de interese do municipio son o Convento de San Pedro (1598), a Igrexa da Encarnación e o Museo Etnográfico. Un dos casaríos de Hermigua é El Cedro, situado nos límites do Parque Nacional de Garajonay e dentro do bosque do mesmo nome caracterizado pola presenza de laurisilva.
Poboación Os principais núcleos de poboación, ademais do casco, son Las Casas, Piedra Romana, Santa Catalina, El Estanquillo e Ruela de Ordaiz.
Ano Poboación Densidade 1991 2.120 53,44 hab/km² 1996 2.150 54,20 hab/km² 2001 2.038 51,37 hab/km² 2002 2.151 54,22 hab/km² 2003 2.167 54.63 hab/km² 2004 2.176 54,85 hab/km² 2006 2.147 54,12 hab/km² 2007 2.170 54,7 hab/km²
Economía A economía do municipio está baseada principalmente na agricultura (plátano, viño) e no turismo rural. Con respecto a este último, Hermigua converteuse nun dos puntos principais de oferta deste tipo de turismo na Gomera.
Historia 250px|miniatura|Parque en Hermigua En 1680 Hermigua tiña 930 habitantes e 188 casas. Debido á crise vitivinícola no século XVIII, a economía vese afectada seriamente, aumentando a emigración, e xa que logo, prodúcese un descenso do número de habitantes. En 1812 constitúese como concello, acabado o réxime señorial. A comezos do século XX realízanse unha serie de obras no val para levar a auga a todos os cultivos, caracterizados sobre todo polo plátano. O municipio chega aos 5.824 habitantes en 1940, pero descende a poboación a partir dese ano debido ao fenómeno da emigración.
Véxase tamén
Ligazóns externas Concello da Vila de Hermigua Páxina de noticias da localidade
Categoría:Concellos de La Gomera