Nakatsugawa (中津川市, なかつがわし, Nakatsugawa-shi) é un concello da prefectura de Gifu no Xapón. Está situado ao centro da rexión de Chūbu e da rexión de Tōkai, e ao sur da prefectura, na zona da provincia histórica de Mino, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 676,38 km², a poboación de 82.317 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 122 h/km².

O concello de Nakatsugawa limita cos concellos de Ena, Shirakawa, Higashishirakawa, Gero (que son da prefectura de Gifu); Ōtaki, Ōkuwa, Minamikiso, Achi e Hiraya (que son da prefectura de Nagano).

Categoría:Rexión de Chūbu Categoría:Rexión de Tōkai Categoría:Concellos do Xapón