World Cup Italia '90 é un videoxogo de fútbol de Sega para Mega Drive e Master System publicado en 1990. Trátase do primeiro xogo dun mundial de fútbol en levar a licenza oficial da FIFA, amosando o logo oficial e a mascota. O xogo trae os grupos oficiais, equipos e os horarios reais do campionato.
Foi portado por U.S. Gold para DOS, Amiga, Atari ST, Commodore 64 e ZX Spectrum. Despois do Mundial, o xogo foi publicado como World Championship Soccer e despois renomeado a Sega Soccer no cartucho de recompilación Mega 6 de Mega Drive, eliminando os créditos de Virgin Mastertronic. No Brasil foi publicado co nome Super Futebol II.
O xogo O xogo presenta unha visión de arriba cara a abaixo e unha versión simple de fútbol (non hai faltas, substitucións, ou estratexias). Os xogadores deben driblar e pasa-lo balón cara a un extremo do campo e tratar de marcar un gol ao equipo contrario. Cando o equipo do xogador ten a pelota, el ou ela pode conducir o balón polo campo, patea-la pelota cara a meta, pasa-lo balón polo aire a outro membro do equipo, ou patea-lo balón cara a adiante na dirección que o xogador afronta actualmente. Cando o equipo contrario ten o balón, o xogador pode cambiar entre os diferentes membros do equipo no campo, ou atacar o seu opoñente para saca-lo balón do seu control.
Países xogables
Estados Unidos México Perú Brasil Arxentina Uruguai
Marrocos Alxeria Inglaterra Escocia Italia Francia
España Países Baixos Dinamarca Bélxica Hungría Iugoslavia
Polonia Unión Soviética Alemaña do Oeste China Xapón Corea do Sur
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do xogo en mobygames.com
Categoría:Videoxogos de Sega Mega Drive Categoría:Videoxogos de 1989 Categoría:Videoxogos de DOS