Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña ou Ponthus e Sidoine, reis de Galiza e BretañaO primeiro título corresponde á tradución publicada por Rinoceronte (2016) e o segundo ao publicado por Toxosoutos (2006). (en francés Le roman de Ponthus et Sidoine) é unha narración en francés antigo e en prosa das aventuras de Ponthus, príncipe galego, polos reinos de Galicia, Bretaña e Inglaterra.

Características Trátase dunha obra anónima francesa escrita a finais do século XIV ou a comezos do XV, seguindo a tradición da literatura de cabalarías; non obstante, presenta un ideal moral e político a xulgar polas súas ensinanzas e mais un certo estilo didáctico. É unha conversión á prosa dos versos do Romance de Horn, do século XII, dun autor anónimo anglo-normando que se chamaría Tomás. Daquela "O Romance de Ponthus e Sidoine" foi popular e así o testemuñan os manuscritos conservados a día de hoxe tanto do texto como das súas traducións.Datos recollidos na publicación crítica realizada por .

miniatura|esquerda|Sidoine recibe a Ponto pola primeira vez. Edicións miniatura|Ponto é coroado rei de Galiza (edición de Guillaume Le Roy, 1483-1487). miniatura|upright=0.8|Ponto nun naipe da época do rei Lois XII de Francia (1462-1515). Catalóganse 28 manuscritos e 10 edicións, todos do século XV. Existen tamén varias traducións noutras linguas. Os manuscritos son bastante homoxéneos e teñen poucas diferenzas entre eles.

Hai varias traducións ó alto alemán medio realizadas durante o século XV. Unha realizada por Leonor de Escocia, arquiduquesa de Austria, entre 1449 e 1456. Unha copia da tradución alemá, conservada na biblioteca de Gotha, leva a data de 1465.

Outra versión conservouse en alemánico, posibelmente escrita na Antiga Confederación Suíza entre 1440 e 1460, e outra en fráncico, probabelmente escrita na rexión de Tréveris.

Unha tradución posterior ó neerlandés medio (Die historie van Ponthus ende die schoone Sidonie) conservouse nunha edición impresa por Niclaes vanden Wouwere en Anveres en 1564.

Ao galego foi traducido por Paulo Nogueira Santiago co título de Ponthus e Sidoine, reis de Galiza e Bretaña (Ed. Toxosoutos, 2006) e por Henrique Harguindey co título de Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña (Ed. Rinoceronte, 2016); esta último mereceu o premio de tradución na II Gala do Libro Galego.

Legado No álbum Un galicien en Bretagne Carlos Núñez réndelles homenaxe a estes dous heroes. Xosé Luís Méndez Ferrín inspírase neste romance medieval na súa novela Bretaña, Esmeraldina (1987).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Faia de Ponto Reino de Galicia Lista de monarcas de Galicia

Bibliografía

Ponthus e Sidoine, reis de Galiza e Bretaña (Ed. Toxosoutos, 2006). Edición de Paulo Nogueira Santiago. ISBN 978-84-96673-06-5 Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña (Ed. Rinoceronte, 2016). Edición de Henrique Harguindey. ISBN 978-84-92866-73-1

Ligazóns externas Le roman de Ponthus et Sidoine dixilitalizado en Google-books.

Categoría:Novelas de cabalarías Categoría:Novelas en francés Categoría:Literatura medieval Categoría:Obras traducidas do francés ao galego