Inuyama (犬山市, いぬやまし, Inuyama-shi) é un concello da prefectura de Aichi no Xapón. Está situado na parte de Tōkai da rexión de Chūbu, e ó noroeste da prefectura, na zona da provincia histórica de Owari, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 74,97 km², a poboación é de 75.559 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 1.010 h/km².
O concello de Inuyama limita cos concellos de Fusō, Ōguchi, Komaki, Kasugai (que son da prefectura de Aichi); de Kakamigahara, Sakahogi, Kani e Tajimi (que son da prefectura de Gifu).
Turismo e lugares de interese Castelo de Inuyama (犬山城). Meiji Mura (明治村). Casiña cerimonial de té Joan (如庵).
Cidades irmandadas Davis, California, Estados Unidos. Nichinan, prefectura de Miyazaki, Xapón. Tateyama, prefectura de Toyama, Xapón.
Galería de imaxes
Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Inuyama . Sitio web oficial da cidade de Inuyama .
Categoría:Prefectura de Aichi Categoría:Rexión de Tōkai Categoría:Concellos do Xapón