Xurxo Borrazás Fariña, nado en Carballo o 6 de agosto do 1963, é un escritor galego.

Traxectoria Estudou filoloxía inglesa e desde 1990 vive en Vigo. A súa narrativa, explícita e radical, tanto na escolla e tratamento dos temas coma nos aspectos formais, foi cualificada de transgresora e experimental. Novelas como Cabeza de Chorlito ou Eu é cítanse como paradigmas da narrativa posmoderna.

Obra Narrativa Cabeza de chorlito (Sotelo Blanco, 1991; novela). Foi traducida ao castelán. Criminal (Sotelo Blanco, 1994; novela). Premio da Crítica Española 1994 e Premio Arcebispo San Clemente 1995. Foi traducida ao inglés. Eu é (Sotelo Blanco, 1996; novela). Foi traducida ao castelán. Contos malvados (Xerais, 1998; relatos). O desintegrista (Xerais, 1999; miscelánea). Na maleta (Sotelo Blanco, 2000; novela). Premio Antón Losada Diéguez 2001. Pensamentos impuros (Xerais, 2002). Foi traducida ao castelán. Ser ou non (Galaxia, 2004; novela). Foi traducida ao castelán, ao portugués e ao ruso. Costa Norte/ZFK (Galaxia, 2008; novela). Covalladas. Prosa vertical (Galaxia, 2010; relatos). Brevedume (Galaxia, 2020; aforismos)

Ensaio Arte e parte, Dos patriarcas á arte suicida (Galaxia, 2007). Premio da Crítica de Galicia 2008 na categoría Ensaio e Pensamento. Brevedume (2019). Galaxia. 224 páxs. ISBN 978-84-9151-351-3

Obras colectivas Novo do trinque (BNG, 1997). Longa lingua: Os contos da Mesa (Xerais, 2002). Materia prima: relatos contemporáneos (Xerais, 2002). Narradio. 56 historias no ar (Xerais, 2003). Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (Difusora, 2006). From the beginning of the sea (De onde comeza o mar) (Foreign Demand, 2008). En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (Toxosoutos, 2010). Follas de Carballo (Asociación Cultural Lumieira, 2011). Contos da taberna (Edicións Embora, 2014).

Traducións Trópico de Cáncer, de Henry Miller (Galaxia, 2006). O ruído e a furia, de William Faulkner (Galaxia, 2008).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas na Biblioteca Virtual Galega

Ficha do autor en Galaxia

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Tradutores do inglés Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Nados en Carballo Categoría:Nados en 1963 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes