Aisai (愛西市, あいさいし, Aisai-shi) é un concello da prefectura de Aichi no Xapón. Está situado na parte de Tōkai da rexión de Chūbu, ó oeste da prefectura, na zona da provincia histórica de Owari, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 66,63 km², a poboación é de 65.371 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 981 h/km².

O concello de Aisai limita cos concellos de Inazawa, Miwa, Tsushima, Kanie, Yatomi (que son da prefectura de Aichi); Kaizu (que é da prefectura de Gifu); e Kuwana (este último é da prefectura de Mie).

Historia A cidade de Aisai foi fundada pola fusión de dous concellos de vilas (Saya e Saori) e de dous concellos de aldeas (Tatsuta e Hachikai) do distrito de Ama no ano 2005.

Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Aisai . Sitio web oficial da cidade de Aisai .

Categoría:Prefectura de Aichi Categoría:Rexión de Tōkai Categoría:Concellos do Xapón