Tsuruga (敦賀市, つるがし, Tsuruga-shi) é un concello da prefectura de Fukui no Xapón. Está situado ao oeste da zona de Hokuriku na rexión de Chūbu e no centro-sur da prefectura, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 250,98 km², a poboación é de 67 959 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 271 hab./km².

O concello de Tsuruga limita cos concellos de Mihama, Minamiechizen (que son da prefectura de Fukui); Takashima, Nishiazai e Yogo (que son da prefectura de Shiga).

Na cidade está a central nuclear de Tsuruga.

Cidades irmandadas Donghae, Gangwon, Corea do Sur. Mito, prefectura de Ibaraki, Xapón. Nakhodka, Primorsky, Rusia. Taizhou, Zhejiang, China.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Tsuruga .

Categoría:Prefectura de Fukui Categoría:Rexión de Hokuriku Categoría:Rexión de Kinki Categoría:Concellos do Xapón