O DiscóboloO que guinda discos. (do grego antigo δισκοβόλος diskobolos) é unha esculturaEsta escultura, no orixinal de bronce, só a coñecemos a través de copias romanas en mármore. realizada por Mirón de Eleuteras ao redor do 455 a.C., que representa a un atleta xusto no intre de guindar un disco. Mirón, un dos escultores importantes do primeiro clasicismo, moi coñecido polas súas representacións de atletas é, tamén, citado por Plinio o Vello na súa Naturalis Historia, na que aparecen listadas as obras realizadas polo escultor.
Descrición Mirón que, como Policleto, formárase no estilo severo, e mantén aínda algunha das súas características mentres vai evolucionando até representar formas atléticas masculinas cheas de forza. Así, nesta obra, representa o corpo no intre da súa máxima tensión mais, con todo, ese esforzo non se reflicte totalmente no rostro, que amosa só unha feble concentración. A torsión do corpo é vigorosa, pero ao mesmo tempo harmoniosa e delicada. A beleza radica na súa composición xeométrica.
Porén, xunto do deseño anatómico, tamén está interesado en representar o movemento. Todo o corpo está botado cara a adiante, para producir co abaneo posterior o impulso necesario para poder lanzar o disco. E aínda que os brazos crean un amplo arco, unha composición novidosa, a estatua segue manifestando unha clara idea de frontalidade, como en períodos anteriores, non sendo até o seguinte séculos que os escultores crearán estatuas para seren vistas dende tódolos puntos de vista.
Hai quen interpreta que a figura representa ao heroe «Hyakinthos» (Xacinto), amado por Apolo, a quen matou de xeito involuntario cun disco. Despois, co seu propio sangue crearía a flor do mesmo nome. Sobre este tema existe un cadro, pintado por Giambattista Tiepolo, no Museo Thyssen-Bornemisza de Madrid, e unha ópera de Mozart (Apollo et Hyacinthus, 1767).
Descubrimento Como con case todas as esculturas gregas, non existe o orixinal, seguramente realizado en bronce, senón que se coñece a obra a partir das múltiples copias romanas en mármore talladas, neste caso, de época imperial. De entre estas copias que sobreviviron, a máis coñecida e valorada é a coñecida como Lancelotti, que apareceu na Vila Palombara propiedade da familia Massimo, en 1781. Actualmente atópase no Museo Nazionale Romano de Roma. Exposta no mesmo museo hai outra copia, denominada o Discóbolo Castelporziano, descuberto na localizade que lle dá o nome en 1906. Esta copia, que aparece sen cabeza e con sen pernas resulta máis realista no tratamento dos volumes e xa reflicte os avances técnicos conseguidos entre o clasicismo grego e a escultura romana imperial.
Outra copia notable foi descuberta en 1790, e procede da Vila Adriana de Tívoli. Esta escultura é propiedade do Museo Británico dende 1805, onde se atopa á vista do público e como elemento cabe dicir que a cabeza fora restaurada de xeito incorrecto e mira para diante en vez de mirar cara ao disco.
Influencia miniatura|O Discóbolo de Mirón no Xardín Botánico de Copenhague, Dinamarca. Entre os autores que realizaron versión desta obra, unha das máis curiosas e a da interpretación surrealista de Salvador Dalí, titulada El atleta cósmico, que foi empregada como a imaxe que representaba a España nos Xogos Olímpicos de México (1968). Ao non chegar o artista a un acordo co goberno de Franco sobre o pago da obra, esta foi mercada a xeito particular por Anselmo López Fuertes, subdelegado da Delegación Nacional de Educación Física, quen a finais dos anos 1970 cedeulla en calidade de depósito ao rei Xoán Carlos, que a empraza nun lugar destacado no seu despacho do Palacio da Zarzuela. En 2013 os herdeiros do propietario chegaron a un acordo con Patrimonio Nacional polo que percibiron 2,8 millóns de euros polo cadro.
Tamén se empregou esta figura na moeda de 2 €, impresa por Grecia como conmemoración dos Xogos Olímpicos de Atenas en 2004.
Galería
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Mirón (escultor) Escultura grega Ligazóns externas Discóbolo no Museo Nacional de Reproducións Artísticas Skulpturhalle, Basel (Alemán) Discóbolo en Alacant
Categoría:Estatuas Categoría:Escultura da Grecia antiga Categoría:Esculturas da arte grega clásica Categoría:Esculturas de Mirón Categoría:Coleccións do Museo Británico Categoría:Copias romanas de esculturas gregas