miniatura|Escultura votiva achada preto da escola Varvakeion, reflicte o tipo da restaurada Atenea Partenos: período romano, século II (Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas)
Atenea Partenos (en grego antigo Ἀθηνᾶ Παρθένος, literalmente Athena a Virxe) é o nome dunha enorme escultura criselefantina da deusa grega Atenea, obra de Fidias. Recibía o seu nome dun epíteto da propia deusa, e estaba aloxada no Partenón, na Acrópole de Atenas. Realizáronse diversas réplicas e obras inspiradas nela, tanto antigas como modernas.
Foi a imaxe de culto de máis soa na cidade de Atenas,A Atenea Partenos foi representada sobre relevos contemporáneos que conmemoraban tratados atenienses e durante o século IV apareceu en bastantes moedas de monarcas helenísticos degoirados por proclamar as súas conexións helénicas. Véxase considerada un dos maiores logros do escultor máis aclamado da antiga Grecia. Fidias comezou a súa obra ao redor do ano 447 a.C,Andrew Stewart afirma que no 446 a.C.Lacares retirou as láminas de ouro no 296 a.C. para pagar ás súas tropas, e o bronce foi probablemente dourado máis adiante. Resultou danada por un lume cara ao 165 a.C., mais foi amañada. Continuaba estando no Partenón no século V, cando puido terse perdido noutro lume. Un relato menciónaa, porén, en Constantinopla no século X.Gisela Richter, Sculpture and Sculptors of the Greeks, páx. 220 con antigas referencias, apuntado por
A obra tivo un grande impacto entre os seus contemporáneos, ata o punto de que deu orixe a unha tradición de estatuas criselefantinas, na cal atópase comprometido de novo a Fidias, coa estatua de Zeus en Olimpia, e a outros escultores, nos santuarios dos séculos V e século IV a.C.
Descrición
O historiador antigo Pausanias dá unha descrición da estatua:
O tipo xeral da Atenea Partenos, aínda que non o seu carácter e calidade, pode aquilatarse a partir da súa imaxe en moedas e as súas reproducións en miniaturas esculpidas, como obxectos votivos, e nas representacións sobre xemas gravadas.Leipen (1971).
A testa de Atenea aparece lixeiramente inclinada cara a adiante. Está de pé coa súa man esquerda pousada sobre un escudo vertical. O seu xeonllo esquerdo está lixeiramente dobrado, o seu peso desprazado levemente cara á súa perna dereita. O seu quitón está axustado na cintura por un par de serpes, cuxas colas entrelázanse nas costas. Os guechos do pelo caen sobre o peto da deusa. A Niké da súa man dereita estendida é alada: discutiuse moito sobre se había un soporte baixo o orixinal de Fidias,Gisela Richter opinou que non o había e resumiuno en sendo contraditorias as versións conservadas. A posición exacta dunha lanza, a miúdo omitida, non se determinou completamente, se estaba no brazo dereito de Atenea ou sostida por unha das serpes da éxida, tal e como N. Leipen a restaurou,Leipen (1971) páx. 29. seguindo a xema Aspasios.
miniatura|Testa da Atenea Varvakeion
Notas
Bibliografía
Leipen, N. Athena Parthenos (Toronto) 1971.
Ligazóns externas
Colin Delaney, "Pheidias, Sculptor to the Gods" (en inglés) Alan LeQuire Page (en inglés) Nashville Parthenon Page (en inglés)
Categoría:Acrópole de Atenas Categoría:Estatuas Categoría:Escultura da Grecia antiga Categoría:Esculturas da arte grega clásica Categoría:Esculturas de Fidias Categoría:Copias romanas de esculturas gregas Categoría:Mitoloxía na arte