Ichinomiya (一宮市, いちのみやし, Ichinomiya-shi) é un concello da prefectura de Aichi no Xapón. Está situado na parte de Tōkai da rexión de Chūbu, e ó noroeste da prefectura, na zona da provincia histórica de Owari, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 113,91 km², a poboación é de 378.163 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 3.320 h/km².

O concello de Ichinomiya limita cos concellos de Inazawa, Haruhi, Kitanagoya, Iwakura, Kōnan (que son da prefectura de Aichi); Hashima, Kasamatsu, Ginan e Kakamigahara (que son da prefectura de Gifu).

Personaxes de sona Yamauchi Kazutoyo (山内一豊, やまうちかずとよ, 1545? ou 1546? - 1605) - Foi un samurai e daimyō do período Segoku e o período Azuchi-Momoyama, e 1º señor do dominio de Tosa do período Edo (shogunato de Tokugawa). Arina Tanemura (種村 有菜, たねむら ありな, 1978 -) - Mangaka

Véxase tamén Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Ichinomiya .

Categoría:Prefectura de Aichi Categoría:Rexión de Tōkai Categoría:Concellos do Xapón