Asago (朝来市, あさごし, Asago-shi) é un concello xaponés da prefectura de Hyōgo. Está situado ó norte da rexión de Kinki e no centro-norte da prefectura, na zona da provincia histórica da Tajima. A súa superficie é de 402,98 km², a poboación é de 33.392 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 82,9 hab./km².

O concello de Asago limita cos concellos de Toyooka, Yabu, Shisō, Kamikawa, Taka, Tanba (que son da prefectura de Hyōgo); e Fukuchiyama (este último é da prefectura de Kyoto).

Historia A cidade de Asago foi fundada pola fusión de 4 concellos de vilas do distrito de Asago (Asago, Ikuno, Santō e Wadayama) no ano 2005.

Véxase tamén Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Asago .

Categoría:Prefectura de Hyōgo Categoría:Concellos do Xapón