miniatura|dereita|Thomas Carlyle.

Thomas Carlyle, nado en Ecclefechan o 4 de decembro de 1795 e finado en Londres o 5 de febreiro de 1881, foi un escritor satírico escocés, ademais de ensaísta, historiador e profesor durante o período que se coñece como época vitoriana. Escribía artigos para a Enciclopedia de Edimburgo, e era un polémico comentarista.

Traxectoria Vindo dunha familia calvinista estrita, Carlyle ía para predicador, mais na súa estadía na Universidade de Edimburgo, perdeu a súa fe no cristianismo. Os valores calvinistas, non obstante, permaneceron canda el ao longo de toda a vida. Esta combinación dun temperamento relixioso coa perda de fe no cristianismo tradicional dotaba o traballo de Carlyle dun especial atractivo para os seguidores vitorianos, quen estaban a afrontar daquela unhas mudanzas no ámbito científico e político que ameazaban a orde social tradicional.

Véxase tamén Ligazóns externas Citas célebres de Thomas Carlyle

Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Nados en 1795 Categoría:Nados en Escocia Categoría:Finados en 1881 Categoría:Alumnos da Universidade de Edimburgo