A cabra montesa galegaDRAG s. v. cabra e s. v. montés. A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático usa o nome de cabra montés galega. ou cabra montés portuguesaCabra montés galega ou cabra montés portuguesa (Capra pyrenaica lusitanica). Consellería de medioambiente. Xunta de Galicia. (Capra pyrenaica lusitanica) é unha subespecie extinta da cabra montesa que habitaba antigamente nas zonas montañosas do norte de Portugal, Galicia, Asturias e Cantabria occidental.

Taxonomía A subespecie foi descrita en 1872 polo naturalista alemán Hermann Schlegel.Capra pyrenaica lusitanica Schlegel, 1872 no ITIS.

Extinción Este animal foi exterminado debido á caza excesiva e a destrución do seu hábitat a finais do século XIX, desaparecendo en 1890 de España e en 1892 do seu derradeiro refuxio na portuguesa serra do Gerês.

Reintrodución dunha subespecie semellante Dende 1993 a Xunta de Galicia está repoboando algunhas zonas de Galicia con cabras montesas da Serra de Gredos, membros da subespecie máis semellante aínda viva, a Capra pyrenaica victoriae da Meseta Central.

Esta política foi imitada por Asturias e está en estudo en Cantabria, aínda que neste caso é máis por motivos cinexéticos e turísticos que polo interese medioambiental.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Almaça, C. (1992): "Notes on Capra pyrenaica lusitanica Schlegel, 1872", Mammalia, Paris 56: 121-124. Beacham, W. (1997): World Wildlife Fund Guide to Extinct Species of Modern Times. ISBN 0-9338-3340-7. Cabrera, A. (1911): "The subspecies of the Spanish ibex". Proceedings of the Zoological Society of London. 1911: 963–967. Pérez, J. M.; Granados, J. E.; Soriguer, R. C.; Fandos, P.; Márquez, F. J. and Crampe, J. P. (2002): "Distribution, status and conservation problems of the Spanish ibex, Capra pyrenaica (Mammalia: Artiodactyla)". Mammal Rev. 32 (1): 26-39.

Outros artigos Cabra montesa

Ligazóns externas A cabra montesa galaica, a triste historia dunha extinción no blog Historia de Galicia. Inclúe unha descrición da subespecie e as diferenzas coas outras subespecies.

Categoría:Especies extintas Categoría:Caprinos Categoría:Animais descritos en 1872