Mayreau é a illa habitada máis pequena das Granadinas e politicamente forma parte do país de San Vicente e as Granadinas. Ten unha superficie de ao redor de 4 km² e unha poboación de ao redor de 271 habitantes. A poboación céntrase basicamente na localidade de Old Wall localizada en Hill Station, un outeiro no suroeste da illa. É unha comunidade illada, accesible só por barco.

O servizo de electricidade é algo recente sendo apenas instalado a partir do ano 2002, provista por un xerador central situado en Saline Bay. As principais actividades económicas son o turismo e a pesca.

A illa ten 3 fontes de auga doce na súa parte oriental, unha serve o complexo en Saltwhistle Bay e as outras dúa serven á vila. Salina Bay é chamada así por mor da pequena lagoa de auga salgada, que se atopa xusto ao leste da praia. O sal foi un dos recursos da illa que chegouse a exportar algunha vez, pero agora serve nada máis que para a demanda local.

Hai un camiño de cemento dun só carril que vai desde o peirao en Saline Bay ata a vila en Bay Saltwhistle. A parte superior da illa coroase coa pequena escola primaria, o edificio de telecomunicacións, unha igrexa católica, e unha igrexa pentecostal. Desde a cima do outeiro detrás da Igrexa Católica, hai un miradoiro desde o que se ven os Caios de Tobago, Canouan e Illa Unión.

Fotos

Notas

Ligazóns externas Páxina coa información sobre a Illa

Categoría:Illas do Caribe Categoría:Illas de San Vicente e as Granadinas Categoría:Antillas Menores