Ikeda (池田市, いけだし, Ikeda-shi) é un concello xaponés da prefectura de Osaca. Está situado ó noroeste da prefectura, na zona Hokusetsu (significa norte da provincia histórica de Settsu), no centro da rexión de Kinki, e no centro da illa de Honshu. A súa superficie é de 22,09 km², a poboación é de 104.664 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 4.740 hab./km².

O concello de Ikeda limita cos concellos de Minō, Toyonaka (que son da prefectura de Osaca); Kawanishi e Itami (que son da prefectura de Hyōgo).

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Ikeda .

Categoría:Prefectura de Osaca Categoría:Concellos do Xapón