Yawata (八幡市, やわたし, Yawata-shi) é un concello xaponés da prefectura de Kyoto. Está situado no centro da rexión de Kinki e ao sur da prefectura, na zona da provincia histórica de Yamashiro, no centro-oeste da illa de Honshu. A súa superficie é de 24,37 km², a poboación é de 74.127 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 3.040 hab./km².
O concello de Yawata limita cos concellos de Ōyamazaki, Kyoto, Kumiyama, Jōyō, Kyōtanabe (que son da prefectura de Kyoto); e Shimamoto e Hirakata (que son da prefectura de Osaca).
Turismo Santuario de Iwashimizu Hachiman-gū. Templo xintoísta de Iwashimizu Hachiman-gū (石清水八幡宮).
Categoría:Concellos do Xapón Categoría:Rexión de Kinki