Francisco Xavier Carro Rosende, nado en Santiago de Compostela o 2 de febreiro de 1942, é un escritor galego.
Membro correspondente da Real Academia Galega desde o 1 de novembro de 2001.
Traxectoria Comezou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago e licenciouse en Filoloxía Románica na UniversidadeComplutense de Madrid, coa tese de licenciatura: A obra poética de Ramón Cabanillas. Exerceu a docencia en varios institutos de Galicia e en 1979 trasladouse a Alacant, onde dende 1995 foi profesor asociado de lingua e literatura galegas na Universidade de Alacant. Deuse a coñecer como poeta en castelán coa obra El dolor de la carne (1960).
As calexas do cigurath (1973) sitúa ao autor na órbita da chamada Nova Narrativa Galega.
Obra en galego Narrativa As calexas do cigurath (1973). Vigo: Galaxia (relatos). Este libro apareceu moi danado pola acción da censura do réxime de Franco. Nunha nova edición de 1996 Galaxia restauraou os textos maltratados, presentándoos íntegros e incorporando tres novos contos, ISBN 978-84-8288-091-4. Tempo ordinario (Historias de Compostela) (2014). Santiago: Follas Novas (colección Libros da Frouma), ilustrado por Soledad Pite. No recanto das horas (2025). Vigo: Galaxia. 184 páxs. ISBN 978-84-1176-544-2.
Poesía Paisaxe de verde chuvia (1986).
Ensaio A obra literaria de Eduardo Blanco Amor, 1993, Galaxia.
Dicionarios Vocabulario Galego-Valenciano/Valenciá-Gallec, 2000.
Obras colectivas Profesor Basilio Losada. Ensinar a pensar con liberdade e risco, 2000, Universidade de Barcelona. Carlos Casares: a semente aquecida da palabra, 2003, Consello da Cultura Galega.
Premios
1998: Pedrón de Honra pola súa dilatada entrega en prol da Lingua e a cultura Galegas.
Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1942 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela