Naha (那覇市, なはし, Naha-shi) é un concello da prefectura de Okinawa no Xapón e a capital da súa prefectura. Está situado ó sur da illa de Okinawahontō. A súa superficie é de 39,24 km², a poboación é de 314.261 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 8.010 h/km².
O concello de Naha limita cos concellos de Tomigusuku, Haebaru, Nishihara e Urasoe.
Turismo e lugares de interese Castelo de Shuri (首里城) - Castelo do reino de Ryūkyū. Xardín Shikina-en (識名園) - Xardín de tipo de Ryūkyū. Rúa antiga do barrio de Shurikinjō-chō (首里金城町石畳道).
Cidades irmandadas Honolulu, Hawai, EUA (1961). Nichinan, prefectura de Miyazaki, Xapón (1969). São Vicente, Estado de São Paulo, Brasil (1978). Fuzhou, Fujian, China (1981). Kawasaki, prefectura de Kanagawa, Xapón (1996).
Galería de imaxes
Véxase tamén Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Naha . Sitio web oficial da cidade de Naha .
Categoría:Prefectura de Okinawa Categoría:Concellos do Xapón